domingo, 17 de abril de 2016

XA CHEGAN OS BICHOOOOOOS ! ! !

Estaba cantado!!! A medida que contábamos máis contos da "Mariquita Juanita" o interese dos meus piratiñas polos bichos ía en aumento.
O que nos queda de curso centraremos as nosas investigacións nos bichos.

A semana pasada preparamos a carta para informar ás nosas familias das nosas novas investigacións e pedirlles a súa colaboración.


Esta semana indagamos nas nosas ideas previas e puxemos por escrito os nosos coñecementos sobre os bichos antes de comezar a investigar.


O mesmo fixemos coas cousas que nos gustaría aprender dos bichos, ás que agardamos darlles resposta pouquiño a pouco ao longo do tempo que nos resta de curso.


Ao longo destes días comezamos a recibir moooita axuda das nosas familias para montar o noso RECUNCHO DOS BICHOS.
Incluso Marisol, a nosa monitora do comedor, tróuxonos un bichiño para ver na aula.
Grazas Marisol! ! !

Material de bichos. on PhotoPeach
Grazas familias !!!

Comezamos a preparar as portadas do que será o noso libro dos bichos.


E. . . o momento máis emocionante da semana penso que foi cando algúns piratiñas se atreveron a coller, coi moito coidadiño, un insecto pau na man.
Quixera aclararvos que estes simpáticos bichiños non son perigosos ,nós coidámolos moito e só o colleron na man aqueles nen@s que quixeron facelo voluntariamente.
Observámolo de cerca e contámoslle as patas, as antenas, os ollos. . . e notamos como nos facía cóxegas na man coas súas delicadas patiñas.

Observando un insecto pau de cerca. on PhotoPeach

Boa semana.

Bicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario