O noso amigo Nico trouxo uns caracois de distintos tamaños a clase e tivemos a oportunidade de observalos de cerca.
Falamos do que podían comer os caracois e . . . algún tivo a idea de darlle chícharos dos que tiñamos plantados nos semilleiros. . . pero finalmente, por sorte para os chícharos, a idea non prosperou.
Mirade os nosos chícharos como van medrando.
Tamén temos novidades nos rincóns.
Por exemplo, no rincón da lectoescritura, seguimos elaborando os libros das letras coas imaxes que nos ides mandando.
No rincón da lóxica-matemática temos un novo xogo que nos trae de cabeza.
Serve para contar e asociar número-cantidade: temos que facer tantos buratos como nos indica o número que temos escrito na tira de cartolina, e para iso podemos usar os taladros de formas.
Ah!!! Non podemos esquecernos de contarvos que xa temos unhas novas etiquetas nas nosas mesas cos nosos nomes e os apelidos. . . Que grandes somos xa! ! !
Por iso, as etiquetas que tivemos ata agora e que só tiñan o nome, como xa non as precisamos, leváronas para casa de recordo porque lles facía ilusión telas.
Agardamos que vos gusten as nosas novidades.
Bicos.
Muchos Bichitos mirando caracoles jiji. Me encantan esas actividades BIBI!
ResponderEliminarGrazas polo comentario !!!
ResponderEliminarOs bichos están dando mooooito xogo.
Bicos.
Bibi.