domingo, 3 de abril de 2016

SUMANDO CONTOS

Na nosa visita á Biblioteca Miguel González Garcés collimos cinco contos:
- Flora y el flamenco
- ¡Se busca! Lili, la ladrona de libros.
- Iriña bailarina
- Diez patitos de goma
- Te quiero (casi siempre).

Ao longo destes días estivemos traballando con todos eles un pouquiño e reflexionando despois de leelos.

O traballo co conto de "Flora y el flamenco" xa volo amosamos.

 Con "Te quiero (casi siempre)" aprendimos o valor da amizade, como non sempre pensamos o mesmo que os nosos amigos, pero un amigo sempre está ahí, aínda coas discusións ou os desacordos.
Os seus protagonistas, Lolo e Rita, son moi diferentes e aceptar as diferenzas dos demais non sempre é doado, pero a pesar de todo quérense e son bos amigos.

 

Co conto de "¡Se busca! Lili la ladrona de libros" lembramos a utilidade das bibliotecas para atopar tooooodos cantos libros interesantes que  queiramos.
Isto foi a través da historia de Lili, unha lebre cunha afición pola lectura que a leva polo mal camiño ata que descubre as bibliotecas.


Gustounos tanto que fixemos uns debuxos de Lili moi fermosos.

Á volta das vacacións sumamos contos. . .
Por un lado 3 contos que xa contamos + 2 contos que temos que contar aínda = 5 contos que temos que devolver á Biblioteca.
Aqui nos tendes sumando contos. . . 


Co conto "Dez patiños de goma" contamos patiños e seguimos as aventuras de 10 patiños que caen ao mar, pero un deles atopa a alguén moi especial que fará que non se sinta só.
Ao final do libro, como estivemos moi caladiñ@s, puidemos escoitar a súa alegría.



E así de atent@s estabamos durante o conto.


Postos a contar, seguimos sumando contos e. . . nestes días tamén contamos o conto: A cousa que máis doe do mundo.


A lebre para demostrar á hiena que a cousa que máis doe do mundo é a mentira, deixa na porta de palacio un pastel moi especial que enfurecerá ao rei e. . . 
Si queredes saber máis aqui está o conto:


E aqui estamos nós durante a lectura do conto na aula.


E xa para rematar as nosas sesións de "cuentistas", contamos na pizarra dixital o conto do Elefante Ernesto, co que comezamos a traballar a letra e.


Por si vos quedáchedes con ganas de fotos, aqui vos deixamos un último vídeo.

SUMANDO CONTOS on PhotoPeach

Bicos e boa semana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario